“ÚLTIMO SINXELO”
“A primeira estrela que saia” é a canción que Gabri escribiu para a súa filla Sara. Un estilo musical que saca, unha vez máis, a Dakidarría da súa zona de confort cunhas sonoridades diferentes ás que nos teñen acostumados. Emotiva, impactante e poderosa canción que tenta reflectir amor incondicional ao mesmo tempo que forza e naturalidade ante os cambios da vida. “Foi, con diferencia, a canción máis dificil de escribir da miña vida porque son moitos sentimentos resumidos en poucas frases.”