ÚLTIMO BERRO DA CANDELORIA

15 Abril 2026

Foron moitas historias as vividas na @acandeloria ao longo de todos estes anos, moita paixón compartida e moitas aventuras xuntas que fan que, para nós, a de onte non fose unha noite máis.

Nesta derradeira edición sentimos algo especialmente emocionante cando saímos a tocar, notábase no ambiente unha enerxía especial, poderosa e nostálxica á vez.

Onte fomos parte do episodio final dun festival que imos botar moito de menos. Agardamos que recapaciten e volvan pronto.

Grazas por tantos anos de loita e por levar música en directo a Lugo ano tras ano. Grazas por facelo co corazón, sen moito apoio externo e cunha equipa humilde, respectuosa, empática e cariñosa. Grazas por tratarnos e valorarnos con tanto agarimo.

Viva a Candeloria por sempre! 🔥

+ novas

Ir o contido